
Actualización software
É posible que Nokia produza
actualizacións de software que ofrezan
funcións novas, melloradas, ou cun
funcionamento mellorado. É posible
solicitar estas actualizacións mediante a
aplicación para ordenador Nokia Software
Updater. Para actualizar o software do
dispositivo, cómpre posuír a aplicación
Nokia Software Updater e un PC
compatible con Microsoft Windows 2000,
XP ou Vista, acceso de banda ancha a
Internet e un cable de datos compatible
para conectar o dispositivo ao PC.
Para obter máis información e descargar
a aplicación Nokia Software Updater,
visite www.nokia.com/softwareupdate
ou a súa páxina web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de
actualizacións de software, tamén poderá
solicitar actualizacións mediante o
teléfono.
Vexa "Actualizacións de
software pola rede", p. 39.
Importante: Utilice só servizos fiables e
que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.