
Servizo de configuración de
parámetros
Para usar algúns dos servizos de rede,
como os servizos de internet móbil, o
servizo de mensaxes multimedia (MMS),
mensaxes de audio Nokia Xpress, ou
sincronización con servidor de internet
remoto, o teléfono debe estar
correctamente configurado. Se desexa
máis información sobre a dispoñibilidade,
contacte co seu provedor de servizo ou
seu distribuidor Nokia autorizado máis
próximo, ou visite a área de axuda da web
de Nokia.
Vexa "Axuda Nokia", p. 38.
Cando recibe os axustes como mensaxe de
configuración e os axustes non se gardan
e activan automaticamente,
amosarase
Axustes de configuración
recibidos
.
Para gardar a configuración, seleccione
Amosar
>
Gardar
. Se é preciso, insira o
código PIN subministrado polo provedor
de servizo.