Nokia 6600 slide - Información sobre a batería e o cargador

background image

Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería

deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-4U. O

dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes

cargadores: AC-8. A batería pode cargarse e descargarse

centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a

duración da batería no modo de espera e durante as

conversas telefónicas se reduza considerablemente,

substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas por

Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados

por Nokia deseñados para utilizarse con este dispositivo. A

utilización dunha batería ou cargador non homologados

pode implicar un risco de incendio, explosión, fuga ou outros

perigos.

O número exacto do modelo do cargador pode variar

dependendo do tipo de enchufe. O tipo de enchufe pode ser

un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C ou UB.

Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se

utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario

conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para

comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente

descargada, é posible que teña que esperar varios minutos

para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o

indicador de carga na pantalla.

Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes

de extraer a batería.

Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo

cando non o utilice. Non deixe unha batería completamente

cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga

pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías

cargadas perden a súa carga co paso do tempo.

Intente manter sempre a batería a unha temperatura

comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería

a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da

mesma. É posible que o dispositivo non funcione

temporalmente se a batería está fría ou quente. O

rendemento da batería é especialmente limitado a

temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.

Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible que se

produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico,

coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un

contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da

batería. (Os terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na

batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta

unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os

curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o

obxecto que realiza o contacto.

Non bote as baterías ó lume, xa que poderían explotar. As

baterías tamén poden explotar se están danadas. Respecte

as normativas locais no momento de desfacerse das baterías.

Xestión dos dereitos dixitais 41

background image

Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en

lugares destinados ós residuos domésticos.

Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, deforme,

perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se

produzan fugas na batería, evite que o líquido entre en

contacto coa pel ou os ollos. No caso de que se produza a

mencionada fuga, lave inmediatamente a pel ou os ollos con

auga ou solicite asistencia médica.

Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos

estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou

outros líquidos.

O uso non axeitado da batería pode provocar un incendio,

unha explosión e outros perigos. Se deixa caer o dispositivo

ou a batería, especialmente sobre unha superficie dura, e cree

que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de

servizo técnico para revisala antes de continuar utilizándoa.

Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi

deseñada. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas.

Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.