Nokia 6600 slide - Coidado e mantemento

background image

Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun diseño e artesanía

superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes

suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.

Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a

humidade e tódolos tipos de líquidos poden conter

minerais que corroan os circuítos electrónicos. Se o

dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería

e agarde a que o dispositivo se seque completamente

antes de volver a colocala.

Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios

e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas

súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.

Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As

temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos

dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar

ou derreter determinados plásticos.

Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o

dispositivo regrese á súa temperatura normal, é

posible que se forme humidade no interior do mesmo

e que se produzan danos nas placas dos circuítos

electrónicos.

Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ó

indicado nesta guía.

Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un

manexo brusco pode producir a rotura das placas dos

circuítos e do mecanismo interno.

Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes

de limpeza nin deterxentes concentrados para limpar

o dispositivo.

Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas

móbiles e impedir o funcionamento axeitado.

Utilice un paño seco, suave e limpo para limpar os

obxectivos da cámara, do sensor de proximidade e do

sensor de luz.

Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou

unha autorizada polo fabricante. A utilización de

antenas, modificacións ou accesorios non autorizados

pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que

regula o uso de dispositivos de radio.

Utilice os cargadores en lugares interiores.

42 Instrucións de autenticación das baterías de Nokia

background image

Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que

desexe manter, coma os contactos e as notas do

calendario.

Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter

un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.

As suxestións indicadas a continuación, aplícanse igualmente

ó dispositivo, á batería, ó cargador ou a calquera accesorio.

Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ó centro

de servizo técnico autorizado máis próximo.