
Como desfacerse da unidade
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto,
as instrucións ou a embalaxe lémbralle que todos os produtos
eléctricos e electrónicos, as baterías e os acumuladores se
deben refugar por separado ó final da súa vida útil. Este
requisito aplícase á Unión Europea e a outros lugares nos que
se atopen dispoñibles sistemas de recollida selectiva. Non se
desfaga deste produto do mesmo xeito que dos residuos
domésticos normais.
Mediante a entrega dos produtos para a súa recollida,
axudará a evitar a eliminación incontrolada de residuos e
contribuirá á reutilización de recursos materiais. Se desexa
obter información detallada, póñase en contacto co
fornecedor do produto, coa autoridade local na materia, con
organizacións de produción responsable a nivel nacional ou
co seu representante local de Nokia. Se desexa consultar a
Declaración ecolóxica do produto ou as instrucións para
devolvelo cando o deixe de utilizar, consulte á información
específica para o seu país que atopará na páxina
www.nokia.com.