Tecnoloxía sen fíos Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permítelle
conectar o seu teléfono mediante ondas
de radio a un teléfono compatible con
Bluetooth nunha distancia de 10 metros.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2,0 + EDR que
admite os seguintes perfís: 2,0 +
EDRacceso xenérico, acceso de rede,
cambio de obxectos xenéricos,
distribución avanzada de audio, control
remoto de audio e vídeo, mans libres,
Fágao o seu móbil 15
auriculares, carga de obxectos,
transferencia de arquivos, conexión de
acceso telefónico á rede, aplicación
descuberta servizo, acceso SIM e porto
serie.. Para asegurar a interoperabilidade
con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios
Nokia homologados para este modelo.
Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con
este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
e siga os
seguintes pasos:
1 Seleccione
Nome do meu tlf.
e
escriba un nome para o seu teléfono.
2 Para activar a conectividade
Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica que o Bluetooth
está activo.
3 Para conectar o seu teléfono cun
accesorio de audio, seleccione
Buscar
acces. audio
e o dispositivo que
desexa conectar.
4 Para vincular o seu teléfono con
calquera dispositivo Bluetooth
próximo, seleccione
Disposit.
vinculados
>
Engadir novo disp.
.
Desprácese ata un dispositivo
atopado e seleccione
Engadir
.
Escriba o contrasinal (ata 16
caracteres) no seu teléfono e active a
conexión noutro dispositivo
Bluetooth.
Se ten dúbidas sobre a seguridade,
desactive a función Bluetooth ou
configure
Visibilid. do meu tlf.
como
Oculto
. Acepte comunicacións Bluetooth
só daqueles nos que vostede confía.
Conexión PC a internet
Use a tecnoloxía Bluetooth para conectar
o seu PC compatible a internet sen o
software PC Suite. O seu teléfono debe ter
activado un provedor de servizos que
admita acceso a internet e o seu PC ten
que admitir rede de área persoal (PAN).
Despois da conexión ao servizo de punto
de acceso da rede (NAP) do teléfono e
sincronizar co seu PC, o teléfono abre unha
conexión de paquete de datos a internet
de forma automática.