Axustes de seguridade
Cando se atopan activadas as funcións de
seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos
de usuarios pechados e o marcado fixo),
pode que sexa posible efectuar chamadas
ó número de emerxencia oficial
programado no dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
e das seguintes opcións:
Petición código PIN ou Petición código
UPIN — para pedir o seu código PIN ou
UPIN cada vez que se acenda o teléfono.
Algunhas tarxetas SIM non permiten que
se desactive a petición de código.
Petición código PIN2 — para seleccionar
se cómpre inserir o código PIN2 cando use
unha función do teléfono protexida co
código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non
permiten que se desactive a petición de
código.
Servizo restric. cham. — para restrinxir
as chamadas entrantes e saíntes do seu
teléfono (servizo de rede). Cómpre ter un
contrasinal de restrición.
Marcación fixa — para restrinxir as súas
chamadas saíntes aos números de
teléfono seleccionados se a súa tarxeta
SIM o soporta. Cando a marcación fixa
estea activada, as conexións GPRS non son
posibles excepto durante o envío de
mensaxes de texto por unha conexión
GPRS. Neste caso, o número de teléfono do
receptor e o número do centro de
mensaxe debe incluírse na lista de
marcación fixa.
Grupo usuar. pech. — para especificar
un grupo de xente à quen pode chamar ou
que lle poden (servizo de rede)
Nivel de seguridade — Seleccione
Teléfono
para pedir o código de
seguridade sempre que unha nova tarxeta
SIM estea no teléfono. Seleccione
Memoria
, para pedir o código de
seguridade cando a tarxeta de memoria
SIM estea seleccionada e desexe cambiar
a memoria empregada.
Códigos de acceso — para cambiar o
código de seguridade, o código SIM, o
código UPIN, o código PIN2 ou código de
bloqueo
Código en uso — para seleccionar se o
código PIN ou UPIN debe estar activo
Certificad. autoridade ou Certificados
usuario — para ver a lista de autoridades
ou os certificados de usuarios
descargados ó seu móbil.
Vexa
"Seguridade navegador", p. 32.
Axus. mód. segurid. — para ver detalles
do módulo de seguridade, active a
petición do módulo PIN ou cambie o
módulo PIN e sinatura PIN.
Vexa "Códigos
de acceso", p. 9.