Nokia 6600 slide - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

Para configurar o uso de códigos de

acceso e os axustes de seguridade do seu

teléfono, seleccione

Menú

>

Axustes

>

Seguridade

>

Códigos de acceso

.

O código PIN (UPIN), subministrado

coa tarxeta SIM, axuda a protexer a

tarxeta contra usos non autorizados.

O código PIN2 (UPIN2), subministrado

con algunhas tarxetas SIM (USIN), é

Fágao o seu móbil

9

background image

necesario para acceder a

determinados servizos.

Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2)

poden ser subministrados coa tarxeta

SIM (USIM). Se insire o código PIN

incorrectamente tres veces seguidas,

pediráselle o código PUK. Se non

recibiu os códigos, contacte ao seu

fornecedor de servizo.

O código de seguridade protexe o seu

teléfono contra un uso non

autorizado. Pode crear ou cambiar o

código, e establecer que o teléfono

solicite o código. Manteña o código

secreto nun lugar seguro separado do

seu teléfono. Se esquece o código e o

seu teléfono se bloquea, deberá

levalo ao servizo técnico e pode que

teña que pagar para recuperalo. Para

máis información, póñase en contacto

co punto Nokia Care ou o seu

distribuidor.

O código de bloqueo é preciso cando

se usa o servizo de bloqueo de

chamada para restrinxir as chamadas

desde e a o seu teléfono (servizo de

rede).

Para ver ou cambiar as opcións do

módulo de seguridade para o

navegador web, seleccione

Menú

>

Axustes

>

Seguridade

>

Axus.

mód. segurid.

.