
Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente o tarxetas microSD
compatible autorizado por Nokia para
utilizar co dispositivo. Nokia utiliza
estándares da industria autorizados para
as tarxetas de memoria, pero pode que
algunhas marcas non sexan totalmente
compatibles con este dispositivo. As
tarxetas non compatibles poden producir
danos na tarxeta e no dispositivo e danar
os datos almacenados na tarxeta.
O seu teléfono admite tarxetas microSD de
ata 4 GB.
1 Apague o dispositivo, retire a tapa da
batería e a batería.
2 Deslice o soporte da tarxeta de
memoria para desbloquear.
3 Abra o soporte da tarxeta e insira a
tarxeta de memoria no soporte coa
superficie de contacto cara dentro.
4 Peche o soporte da tarxeta e deslíceo
para bloquear.
5 Volva colocar a batería e a súa tapa.