
Sobre o seu teléfono
A utilización do dispositivo sen fíos
descrito nesta guía está aprobada en
WCDMA 850 y 2100 y GSM 850, 900, 1800
y 1900. Póñase en contacto co seu
provedor de servizos para obter máis
información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste
dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a privacidade e os
dereitos lexítimos das demais persoas,
incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos
dereitos de autor non autoricen a copia,
modificación ou transferencia dalgunhas
imaxes, música e demais contido.
É posible que o dispositivo dispoña de
favoritos e ligazóns de sitios web de
terceiras partes preinstalados. Tamén é
posible acceder a outros sitios web de
terceiras partes mediante o dispositivo.
Os sitios web de terceiras partes non
teñen ningún tipo de relación con Nokia,
polo que Nokia non asumirá ningunha
responsabilidade correspondente a eles.
Se decide acceder aos sitios mencionados,
deberá tomar precaucións relacionadas
coa seguridade ou cos contidos.
8
Fágao o seu móbil

Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo,
a excepción do espertador, é necesario
que se atope acendido. Non acenda o
dispositivo en lugares nos que poida
provocar interferencias ou poida supoñer
un perigo.
Efectúe copias de seguridade ou manteña
rexistros escritos da información
importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera
outro dispositivo, lea a guía de usuario
para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non
compatibles.
Importante: Utilice só servizos fiables e
que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.