Pantalla
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Pantalla
e
unha das seguintes opcións:
Fondo — permite engadir unha imaxe de
fondo para o modo de pantalla de inicio
Espera activo — permite activar,
organizar e personalizar o modo de
pantalla de inicio
Cor fonte en espera — permite
seleccionar a cor da fonte do modo de
pantalla de inicio
Iconas tecla naveg. — para amosar as
iconas da tecla de desprazamento no
modo de pantalla de inicio
Detalles notificación — permite
visualizar información das chamadas
perdidas e das notificacións das mensaxes
Efectos de transición — permite que a
navegación sexa máis suave e orgánica
Animación diaposit. — para amosar
unha animación cando abra ou peche a
tapa
Aforro enerxía — permite atenuar a
pantalla automaticamente e visualizar un
reloxo cando non se utiliza o teléfono
durante un determinado período de
tempo.
Modo repouso — permite apagar a
pantalla automaticamente cando non se
utiliza o teléfono durante un certo
período de tempo
Tamaño de fonte — permite axustar o
tamaño da fonte das mensaxes, dos
contactos e das páxinas web
Logo do operador — permite que se
visualice o logotipo do operador
Amosar info célula — permite que se
visualice a identidade da cela, se se atopa
dispoñible na rede