
Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio,
redes inalámbricas, redes terrestres e funcións programadas
polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a
través da Internet (chamadas de Internet), active as
chamadas de Internet e o teléfono móbil. O dispositivo
intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das
redes móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se se
atopan activadas ámbolos dous. Non se pode garantir que a
conexión funcione en tódalas condicións. Nunca dependa
unicamente dun dispositivo móbil para efectuar
comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que
a intensidade do sinal é a axeitada. En función do
dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o
seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo a utiliza
•
Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil
activo.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar
a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.
3
Insira o número de emerxencia da localidade na que se
atope. Os números de emerxencia poden variar en cada
localidade.
4
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a
información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible
que o seu dispositivo inalámbrico sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a
chamada ata que reciba permiso para facelo.