Dispositivos médicos
A utilización de calquera equipo de transmisión por radio,
incluídos os teléfonos inalámbricos, pode producir
interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico
ou co fabricante do dispositivo para determinar se se atopa
axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia
externa ou se desexa efectuar algunha pregunta. Apague o
dispositivo en centros de atención médica cando así o esixan
as normativas de mesmo. É posible que os hospitais ou os
centros de atención médica utilicen equipos que poidan
resultar sensibles á enerxía de radiofrecuencia externa.