INFORMACIÓN DE CERTIFICACIÓN (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está
deseñado para non sobrepasar os límites de exposición ás
ondas de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. O organismo científico independente ICNIRP
desenvolveu estas directrices, que inclúen marxes de
seguridade deseñadas para garantir a protección de tódalas
persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice
de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas
directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR
lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento
estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía
máis alto en tódalas bandas de frecuencia probadas. O nivel
de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por
debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está
deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse
coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número
de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede. O valor de SAR máis alto admitido segundo as
directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á
orella é de 0,44 W/kg .
O uso de accesorios e melloras do dispositivo pode provocar
a aparición de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR
poden variar dependendo das necesidades de información e
probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter
información de SAR adicional, consulte a sección de
información do produto da páxina web www.nokia.com.
44 Información adicional de seguridade