
Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas
electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos
vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de
combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de
velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter
máis información, póñase en contacto co fabricante, ou un
representante deste, do vehículo ou dos equipos instalados
no mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun
vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou
reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode
invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente
Información adicional de seguridade 43

que todos os dispositivos inalámbricos do vehículo funcionen
e estean montados correctamente. Non almacene nin
transporte líquidos inflamables, gases ou materiais
explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo, os
seus compoñentes ou dispositivos. Nos vehículos equipados
con airbag, recorde que estes despréganse con gran forza.
Non coloque obxectos, incluídos os equipos inalámbricos
instalados ou portátis, sobre o airbag ou na zona onde se
desprega o airbag. Se o equipo inalámbrico do vehículo se
instala incorrectamente e o airbag se desprega, é posible que
se produzan lesións graves.
Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de
teledispositivos inalámbricos nunha aeronave pode resultar
perigoso para o funcionamento do avión, interferir coa rede
telefónica inalámbrica e pode ser ilegal.