
Instrucións de autenticación das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa
seguridade. Para asegurarse de que a súa batería é unha
orixinal de Nokia, mérquea nun centro ou distribuidor
autorizado de Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos para
comprobar se presenta a etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante
totalmente a autenticidade da batería. Se ten razóns para
pensar que a batería non é unha batería auténtica e orixinal
de Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor ou centro
de servizo técnico máis próximo de Nokia para recibir
asistencia. En caso de que non sexa posible, devolva a batería
ao establecemento de compra.