
Que debe facer se a batería non é auténtica?
Se non pode confirmar se a batería co holograma na etiqueta
é unha batería Nokia auténtica, non a utilice. Envíea ao
distribuidor ou centro de servizo técnico de Nokia máis
próximo para obter asistencia técnica. A utilización dunha
batería non autorizada por Nokia pode resultar perigosa,
provocar un rendemento deficiente e danar o dispositivo e os
seus accesorios. Tamén pode invalidar a autorización de uso
e a garantía do dispositivo.
Para obter máis información acerca das baterías orixinais de
Nokia, visite a páxina web www.nokia.com/battery.