
Seguridade navegador
Algúns servizos poden requirir funcións
de seguridade, como a banca ou compras
en liña. Para levar a cabo estas conexións
precisa certificados de seguridade e
posiblemente un módulo de seguridade,
que pode estar dispoñible na súa tarxeta
SIM. Para obter máis información, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
Para ver ou cambiar a configuración dos
módulos de seguridade, ou ver unha lista
de autoridades ou certificados de usuario
descargados ao seu teléfono, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Axus.
mód. segurid.
,
Certificad. autoridade
,
ou
Certificados usuario
.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da seguridade. A
existencia dun certificado non ofrece
protección por si mesmo. O administrador
do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido",
incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e
a data do dispositivo son correctas.