Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Chamadas
e das seguintes opcións:
Desvío de chamada — para reenviar as
chamadas entrantes (servizo de rede). É
probable que non consiga reenviar as súas
chamadas se están activas algunhas das
funcións de bloqueo.
Calq. tecla responde — para responder
a unha chamada entrante ao premer
brevemente calquera tecla, agás a tecla de
acendido, as teclas de selección dereita e
esquerda ou a tecla rematar
Rechamada autom. — para volver a
marcar automaticamente o número se
falla a chamada. O teléfono intenta
chamar ao número 10 veces.
Recham. vídeo a voz — o teléfono repite
automaticamente unha chamada de voz
ao mesmo número no cal non se
conseguiu establecer unha conexión de
vídeo
Claridade de voz — para mellorar a
intelixibilidade da fala, sobre todo en
ambientes ruidosos
Marcación rápida — para marcar os
nomes e números de teléfonos asignados
ás teclas numéricas (2 a 9) ao manter
premida a tecla numérica correspondente
Chamada en espera — para ter unha
notificación da rede cando ten unha
chamada entrante mentres ten activa
outra chamada (servizo de rede).
Resumo tras chamad. — para visualizar
brevemente a duración aproximada de
cada chamada
Envío do n.º propio — para amosar o seu
número de teléfono á persoa á que está
chamando (servizo de rede). Para usar os
axustes acordados co seu provedor de
servizo, seleccione
Fixado pola rede
.
Xest. cham. coa tapa — para axustar o
teléfono para responder a unha chamada
ao abrir a tapa e terminar unha chamada
pechando a tapa
Liña cham. saíntes — para seleccionar a
liña de teléfono para facer chamadas, se a
súa tarxeta SIM soporta múltiples liñas de
teléfono (servizo de rede)
Compartir vídeo — para definir os
axustes de vídeo compartido