
Facer unha chamada
Pode comezar unha chamada de diversas
formas:
Marcación manual
Insira o número de teléfono, incluído o
prefixo, e prema a tecla de chamada.
18 Mantéñase en contacto

Para facer chamadas internacionais,
prema *dúas veces para marcar o prefixo
internacional (o carácter + substitúe o
código de acceso internacional), insira o
código do país, o prefixo local sen antepor
o 0, se é preciso, e o número de teléfono.
Repetir unha chamada
Para acceder á lista de números marcados,
prema unha vez a tecla de chamada no
modo de espera. Seleccione un número ou
nome e prema a tecla de chamada.
Seleccione un número desde Contactos
Busque un nome ou número de teléfono
que teña gardado en Contactos.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Chamadas
>
Xest. cham. coa tapa
para
xestionar chamadas coa tapa.
Contestar unha chamada entrante
Prema a tecla de chamada ou abra a tapa.
Finalizar unha chamada
Prema a tecla rematar ou peche a tapa.
Silenciar o ton de chamada
Seleccione
Silenciar
.
Rexeitar unha chamada entrante
Prema a tecla rematar.
Axuste o volume nunha chamada
Desprácese á esquerda ou dereita.