Facer unha videochamada
Nunha videochamada, o vídeo gravado
coa cámara frontal do teléfono amósase
ao receptor da videochamada. Para poder
facer unha videochamada, debe ter unha
tarxeta USIM e estar conectado a unha
rede WCDMA. Se desexa información sobre
a dispoñibilidade e a subscrición aos
servizos de videochamada, póñase en
contacto co provedor do servizo. A
videochamada pode facerse a un teléfono
compatible ou a un cliente ISDN entre
dúas partes. Non poden facerse chamadas
de vídeo mentres está activa outra
chamada de datos, vídeo ou voz.
1 Para iniciar unha videochamada,
introduza o número de teléfono e o
prefixo.
2 Prema a manteña premida a tecla de
chamada, ou seleccione
Opcións
>
Videochamada
.
A videochamada pode demorar un
anaco en comezar. Se non se
consegue facer a chamada,
pregúntaselle se no seu lugar desexa
intentar unha chamada normal ou
enviar unha mensaxe.
3 Para rematar unha chamada, prema a
tecla rematar.