
Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ó límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ó número de mensaxes
enviadas. Os caracteres con acentos e
outros signos de puntuación, e os
caracteres correspondentes a
determinados idiomas ocupan máis
espazo e limitan o número de caracteres
que é posible enviar nunha mensaxe.
Un indicador na parte superior da pantalla
mostra o número total de caracteres
restantes e o número de mensaxes
necesarias para o envío.
Antes de poder enviar unha mensaxe de
texto ou correo SMS, deberá gardar o
número do centro de mensaxes.
Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Axustes
mensaxe
>
Mensaxes de texto
>
Centros de mensaxes
>
Engadir
centro
, escriba un nome e o número do
provedor do servizo.