Mensaxes multimedia
Unha mensaxe multimedia pode conter
texto, imaxes, sons e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de
funcións compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en
función do dispositivo de recepción.
22 Mantéñase en contacto
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por
MMS.
Importante: Teña precaución ó abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan
software nocivo ou daniño para o
dispositivo ou o ordenador.
Para verificar a dispoñibilidade e
subscribirse ao servizo de envío de
mensaxes multimedia (MMS), póñase en
contacto co seu provedor de servizos.
Tamén pode descargar as opcións de
configuración.
Vexa "Axuda
Nokia", p. 38.