
Descargar mapas
O seu teléfono pode conter mapas
preinstalados na tarxeta de memoria.
Pode descargar novos mapas por internet
usando o software Nokia Map Loader para
PC.
Nokia Map Loader
Para descargar ao seu PC o Nokia Map
Loader e ver instrucións adicionais,
consulte www.maps.nokia.com.
Antes de descargar novos mapas a
primeira vez, asegúrese de ter a tarxeta de
memoria inserida no teléfono.
Seleccione
Menú
>
Mapas
para facer
unha configuración inicial.
Para cambiar a selección de mapas na súa
tarxeta de memoria, use o Nokia Map
Loader para borrar todos os mapas na
tarxeta de memoria e descargar unha
nova selección, e asegúrese que todos os
mapas son da mesma versión.
Servizo de mapa de rede
Pode automatizar o seu teléfono para
descargar mapas que necesita e non ten
no teléfono.
Seleccione
Menú
>
Mapas
>
Axustes
>
Axustes de rede
>
Permitir uso de
rede
>
Si
ou
En rede propia
.
Para evitar a descarga automática de
mapas, seleccione
Non
.
A descarga de mapas pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de
datos a través da rede do seu fornecedor
de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter
información acerca das tarifas de
transmisión de datos.