Mapas e GPS
Pode usar o sistema de posicionamento
global (GPS) para fornecer á aplicación
Mapas. Atope a súa localización ou mida
distancias e coordenadas.
Antes de usar a función GPS do seu
teléfono, ten que relacionar o seu móbil
cun receptor externo GPS compatible
usando tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
Para máis información, consulte a guía de
usuario do seu dispositivo GPS.
Mapas 33
Despois de relacionar o dispositivo GPS
Bluetooth co seu teléfono, pode que o seu
teléfono tarde uns minutos en amosar a
localización actual. As seguintes
conexións deberían ser máis rápidas. Se
non usou o GPS durante varios días o está
moi lonxe da última localización na que
estivo, o dispositivo podería tardar varios
minutos para detectar e amosar a súa
localización.
O sistema de posicionamento global (GPS)
está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode
verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados
Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do
Ministerio de defensa dos Estados Unidos
e do Plan de radionavegación federal
(Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. Só se debe utilizar o
receptor GPS no exterior para permitir a
recepción de sinais GPS.
O sistema GPS non se debe utilizar para a
medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos
de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para
determinar posicións nin para a
navegación.