
Cronómetro
Pode medir o tempo, obter tempos
intermedios ou tempos de cada volta
usando o cronómetro.
Seleccione
Menú
>
Organizador
>
Cronómetro
e das seguintes opcións:
Dividir horario — para obter tempos
intermedios. Para reiniciar o tempo sen
gardalo, seleccione
Opcións
>
Restablecer
.
Tempos parciais — para obter tempos
de cada volta
Continuar — para ver o tempo que
axustou no fondo
Amosar última — para ver o tempo
medido máis recente se non se reinicia o
cronómetro
Ver horas ou Borrar tempos — para ver
ou borrar os tempos gardados
Para axustar o tempo de conta atrás de
fondo, prema a tecla rematar.
Organizar 37

Axuda e actualizacións de
software do teléfono
Nokia lle ofrece axuda de diversas formas
para que obteña o maior beneficio do seu
teléfono.
Consellos útiles
Se ten consultas sobre o seu teléfono ou
non sabe como debería funcionar,
consulte a guía de usuario. Se non atopa
a resposta, intente o seguinte:
Reiniciar o teléfono
Apague o teléfono e extraia a batería.
Despois duns segundos, insira a batería e
acenda o teléfono.
Restaurar axustes de fábrica.
Vexa "Restaurar axustes de
fábrica", p. 40.
Actualice o software do teléfono
Vexa "Actualización software", p. 39.
Obter máis información
Visite a web de Nokia ou póñase en
contacto con Nokia Care.
Vexa "Axuda
Nokia", p. 38.
Se non atopa resposta, póñase en
contacto co seu punto local de Nokia Care
para coñecer as opcións de reparación.
Antes de enviar o seu teléfono a reparar,
sempre faga unha copia de seguridade da
información do seu teléfono.
Axuda Nokia
Comprobe www.nokia.com/support ou a
páxina web local de Nokia para obter a
última versión desta guía, información
adicional, descargas e servizos relativos
ao seu produto Nokia.
Servizo de configuración de
parámetros
Descargue opcións de configuración
gratuítas como MMS, GPRS, correo e outros
servizos para o seu modelo de teléfono en
www.nokia.com/support.
Nokia PC Suite
Atopará o PC Suite e información relativa
na páxina web de Nokia en
www.nokia.com/support.
Servizos de Nokia Care
Se necesita poñerse en contacto cos
Servizos de Nokia Care, comprobe a lista
de centros de contacto locais de Nokia
Care en www.nokia.com/
customerservice.
Mantemento
Para servizos de mantemento, consulte o
seu punto de Nokia Care máis próximo en
www.nokia.com/repair.
My Nokia
Reciba consellos, trucos e axuda
gratuitamente para o seu teléfono Nokia,
ademais de contidos gratuítos,
demostracións interactivas, unha páxina
web personalizada, e novidades sobre os
últimos produtos e servizos de Nokia
Aproveite o potencial do seu teléfono
Nokia e rexístrese en My Nokia hoxe
mesmo! Para máis información e
dispoñibilidade na súa rexión, vexa
www.nokia.com/mynokia.
Descargar contido
Poderá descargar novo contido (por
exemplo, temas) ao seu teléfono (servizo
de rede).