Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes
tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para
protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos
de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM
para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este
dispositivo poderá acceder a contidos protexidos con WMDRM
10, OMA DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward-lock, e OMA DRM 2.0.
Se un determinado software DRM non protexe o contido, é
posible que os propietarios do contido soliciten que se anule
a capacidade do mencionado software de acceder a novos
contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode
tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se
atope no dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non
afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM
ou ó uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais
(DRM) subminístranse cunha clave de activación asociada que
define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante
OMA DRM, para facer unha copia de seguridade das claves de
activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos
de transferencia non transfiran as claves de activación que é
necesario recuperar co contido para que poida continuar
utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de
formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que
necesite recuperar as claves de activación en caso de que se
danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante
WMDRM, as claves de activación e o contido perderanse se
formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que
perda as claves de activación e o contido se se danan os
ficheiros do dispositivo. A perda das claves de activación ou
do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o
mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis
información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.